
O Parque Temático da Natureza, Faunia, en Madrid, conta ata o 30 de setembro, cunha exhibición interactiva con 18 réplicas a tamaño real de diferentes especies de dinosauros.
Estes exemplares robotizados e con efectos sonoros reproducen movementos e sons tal e como os paleontólogos imaxinan que foron os ruxidos reais destes animais desde o Tiranosaurio Rex, ao áxil Velociraptor ou un enorme Diplodocus, co seu longo pescozo de 27 metros de lonxitude.
O parque, ademais ofrece a oportunidade de coñecer a orixe da vida no noso planeta, os cambios na cortiza terrestre, as características de cada unha das eras xeolóxicas e a explicación de como xurdiron todas as especies dos réptiles máis grandes que habitaron o planeta, os dinosauros.
Prezo: Adulto (de 8 a 64 anos): 25,95 euros. Infantil e senior: 19,95 euros.
Horario: Maio e xuño de luns a venres de 10:30 - 19:00 horas. Sábado 10:30 - 20:00 horas. Outros meses consultar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario