buscar

viernes, 17 de marzo de 2017

«O Barranco Perdido» e o Museo Cretácico. A Rioxa

Enciso, no corazón da Rioxa, foi fai millóns de anos paraíso natural para os dinosauros que habitaban estas terras e que deixaron a súa pegada nos seus xacementos.
Os curiosos que se acheguen ata esta localidade rioxana gozarán dun parque de paleoaventura que convida a descubrir toda a historia destes réptiles. O Barranco Perdido, unha instalación de 14.000 metros cadrados, ofrece circuítos multiaventura, piscinas e zonas educativas, e acolle o Museo Paleontolóxico.
Diez asombrosos territorios de dinosaurios en España
No interior do museo grandes e pequenos poderán ver unha exposición permanente sobre o mundo Cretácico da Rioxa e sobre os dinosauros a través de ilustracións, reproducións a tamaño natural, documentais e recreacións audiovisuais en 3D que permiten emprender unha suxestiva viaxe a un pasado fascinante.
Unha viaxe no tempo para facer en familia.

Aberto de mércores a domingo do 27 de marzo ao 13 de outubro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario