No alto dun outeiro coa costa do Principado como pano de fondo levántase o Museo do Jurásico de Asturias, un escenario máis que recomendado para os amantes destes fascinantes réptiles que habitaron a Terra. As coleccións mostran a evolución da vida na Terra desde os seus inicios ata a chegada do home prestando especial interese á coñecida como «Era dos Dinosauros». O museo, cunha arquitectura en forma de gran pegada tridáctila, divide o espazo en tres períodos: Triásico, Jurásico e Cretácico, sendo a colección de vertebrados a máis completa do Jurásico de España.O visitante verase arrastrado a unha viaxe no tempo cun esqueleto parcial de crocodilo mariño, parte da mandíbula dun pequeno ictiosaurio, unha ulna -equivalente ao noso cúbito- de braquiosáurido de 1,25 m de lonxitude, un esqueleto parcial de Estegosaurio, diversos ósos de Plesiosaurios, numerosos restos óseos de tartarugas mariñas e varios exemplares incompletos de peces.
Prezo: Xeneral: 7,00 euros. Reducida: 4,60 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario