Aínda que non se trata dun museo nin un parque merece a pena facer unha parada en Soria e seguir a Ruta das Icnitas, unha viaxe ao pasado en busca das pegadas de dinosauro nun espazo natural incomparable.
As pisadas de aves e réptiles voadores, animais hoxe extinguidos e que deixaron a súa pegada fai 150 millóns de anos pódense observar seguindo tres rutas diferentes con múltiples xacementos.
Estas excursións pódense realizar en coche ou a pé seguindo a sinalización nos percorridos.A ruta do Leste e o Oeste conclúen na localidade de Villar del Río onde se atopa a aula Paleontolóxica é aquí onde os nenos son os protagonistas e gozarán escavando un xacemento ou facendo voar a súa imaxinación coa reconstrución dun niño de dinosauro a tamaño real.
Horarios: Aberta sábados, domingos e festivos nacionais e en Madrid: de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas. Xullo, agosto e setembro: aberta de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas.
Prezos: Adulto: 1 euro. Menores de 14 anos: entrada gratuíta
No hay comentarios:
Publicar un comentario