A formación Hell Creek (ou Arroio do Inferno), unha división xeolóxica infestada de fósiles e elementos do Cretácico Superior, foi o escenario do descubrimento do maior fósil xamais descuberto dun Tiranosaurio Rex (Tyrannosaurus rex).
O achado foi realizado por un equipo de científicos da Universidade de Washington (EE.UU.) xunto con paleontólogos do Museo Murke de Historia Natural. Os expertos identificaron os restos dun tiranosaurio incluíndo un cranio moi completo duns 1.100 quilogramos de peso.
Tufts-Love Rex, como denominaron ao T. rex en honra aos descubridores dos primeiros restos (Jason Love e Luke Tufts) que resultaron ser finalmente os dun cranio dun T. rex xunto con costelas, vértebras, parte da mandíbula e a pelvis dun dos máis grandes dinosauros carnívoros que camiñaban sobre a Terra fai 66-68 millóns de anos, viviría ao final do Cretácico, pois os seus restos atopáronse na parte inferior dun outeiro.
As evidencias fósiles apuntan a que este depredador de grandes mandíbulas e dentes de serra alimentouse doutros dinosauros como o Triceratops ou o Edmontosaurus e que viviu nos vales dos ríos forestais no oeste de América do Norte durante o período cretácico tardío.
O cranio en cuestión mide 1,20 metros e pesa máis dunha tonelada, polo que os paleontólogos cren que este dinosauro debe ser ao redor dun 85% máis grande que o T.rex atopado ata a data. Por poñer un exemplo, ata as cadeiras, este T.rex sería tan alto e tan longo como un autobús urbano. Ademais, os investigadores calculan que o dinosauro contaba cuns 15 anos de idade cando morreu (os adultos tiñan unha media de vida de ata 25-30 anos).
“Despois de ver a o “Tufts-Love Rex” durante a súa escavación podo testemuñar o feito de que é sen dúbida un dos exemplares máis significativos descubertos e debido ao seu tamaño, é seguro que nos proporcionará información importante sobre o crecemento e hábitos de alimentación destes magníficos animais”, explica Jack Horner, actual investigador asociado do Burke Museum.
Está previsto que o Museo Burke expoña ao público este exemplar de dinosauro en 2019.

No hay comentarios:
Publicar un comentario