buscar

viernes, 2 de junio de 2017

Descuberta unha nova especie de dinosauro con pico de papagaio

Trátase do famoso fósil ‘Baby Louie', que os científicos levaban tres décadas tentando identificar

 ano no que se estreou o taquillazo Jurassic Park, 1993, un granxeiro da provincia chinesa de Henan atopou na súa leira un niño con grandes ovos fosilizados entre os que destacaba o esqueleto dun bebé dinosauro, aniñado para unha sesta que dura máis de 66 millóns de anos. A cría prehistórica do Cretáceo Superior (fai entre 89 e 100 millóns de anos) perdeuse no mercado negro ata que chegou a Estados Unidos na década dos noventa e foi repatriado a China en 2015. Desde o seu achado, diferentes científicos tentaron descubrir que especie puxera os ovos entre os que estaba Baby Louie —alcumado así polo fotógrafo Louie Psihoyos, quen rexistrou o esqueleto para National Geographic—.
O exemplar é a primeira asociación coñecida entre restos óseos e ovos de cenagnátidos, segundo os científicos. “Debido ao tipo de preservación do fósil e a inmadurez do embrión, era difícil determinar o parentesco só a través da análise ósea”, conta Zelenitsky. "Os propios ovos suxerían un ovirraptosaurio, pero o seu tamaño indicaba unha nai adulta que sería máis dunha ducia de veces máis grande que os ovirraptosaurios coñecidos naquel momento". O embrión mide 38 centímetros desde o fuciño ata a base da cola, pero tanto este estudo como investigacións anteriores apuntan a que os dinosauros nados dese tipo de ovos poderían alcanzar os oito metros e pesar máis dunha tonelada (1.100 quilogramos, especificamente).
Baby Louie consérvase xunto cunha nidada de ovos de dinosauro máis grandes (poden alcanzar os 61 centímetros), coñecidos comoMacroelongatoolithus. Este tipo de ovo é abundante no rexistro fósil do Cretácico Superior, tanto de Asia como de América do Norte, o que suxire que a especie estivo bastante dispersa xeograficamente e era común nese momento. Os científicos sinalan que, ademais do tamaño dos ovos, a textura das súas cascas, a súa forma e a súa disposición sobre o chan indican que os cenagnátidos e ovirraptosaurios tamén compartían un comportamento de anidación similar: o adulto sentaba sobre o centro do niño para que se dese a incubación. 
Aínda que os dinosauros xigantes dese grupo coñécense soamente por ese espécime de Beibeilong , un esqueleto parcial dun só individuo de Gigantoraptor en China e un par de placas dentarias atopadas en Mongolia, os paleontólogos cren que quedan por acharse rastros deses animais en Asia (China, Corea, Mongolia) e Norteamérica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario