buscar

viernes, 5 de mayo de 2017

Paleontólogos brasileiros e arxentinos descobren un novo tipo de gran dinosauro herbívoro

O futalognkosaurus dukei vivía na Patagonia e podía chegar a medir entre 32 e 34 metros de longo

Un grupo de paleontólogos brasileiros e arxentinos descubriron, na Patagonia Arxentina, fósiles dunha nova especie de dinosauro herbívoro que está entre o tres máis grandes coñecidos ata agora, segundo anunciou este luns a Academia Brasileira de Ciencia (ABC).
O futalognkosaurus dukei, como bautizaron ao fósil os seus descubridores, é ademais o máis completo dos descubertos ata agora e pertence ao novo grupo de titanosaurios (denominado Lognkosauria) exclusivos da rexión de Patagonia.
A especie atopada a beiras do Lago Barreales puido chegar a medir entre 32 e 34 metros de longo, segundo os paleontólogos, e non comía carne.
"O xefe xigante dos saurios"
Este futalognkosaurus dukei faleceu por causas descoñecidas e cóntase con restos bastante completos do exemplar: pescozo, rexión dorsal e pelvis, así como a primeira vértebra da cola. Segundo os investigadores, parte do esqueleto do animal sería separado por animais carnívoros.
No descubrimento participaron investigadores do Museu Nacional de Río de Janeiro, da Universidade Nacional de Comahue, en Neuquén (Arxentina), e do Laboratorio de Paleovertebrados da Universidade Nacional de Cuxo, en Mendoza. Os paleontólogos presentaron a réplica dunha das vértebras do dinosauro, dun metro e dez de longo, e outra da cola.
O paleontólogo arxentino Jorge Calvo asegurou que durante as escavacións atopáronse, así mesmo, fósiles de varios dinosauros, como as dun megaraptor, especie carnívora que chegaba a medir sete metros. Ademais da nova especie, na zona atopáronse varios fósiles doutras especies e máis de 500 dentes de dinosauros.
O nome dado ao dinosauro deriva da lingua mapuche e significa "o xefe xigante dos saurios" e homenaxea, así mesmo, á compañía arxentina Duke Energy, que financiou a maior parte das escavacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario