Un equipo de paleontólogos divulga a existencia fai 110 millóns de anos dun animal cuxa boca funcionaba como un aspirador.- Unha exposición no museo National Geographic de Washington reconstrúe o seu esqueleto
Un equipo de paleontólogos estadounidenses divulgou a existencia fai 110 millóns de anos dunha especie de estraño dinosauro, atopado no Sahara, cuxa boca funcionaba como un aspirador con centos de pequenos dentes. O seu nome, Nigersaurus Taqueti, fai honra ao científico francés, Philippe Taquet, quen descubriu ao animal en 1976, segundo explicou o director da investigación, Paul Sereno. Unha exposición no museo National Geographic de Washington mostra desde hoxe os fósiles orixinais do animal, ademais dunha reconstrución do esqueleto e o seu cranio.
O dinosauro, que medía uns 13 metros, é un familiar máis novo e pequeno do Diplodocus norteamericano e posuía unha mandíbula que actuaba como un par de tesoiras de 30 centímetros. "Entre todos os dinosauros, o Nigersaurus Taqueticonseguiría o guinness ao animal con máis dentes, ao redor de 500", explicou Sereno.
Os científicos investigaron o cranio deste animal e a partir de aí puideron reconstruír as posturas máis habituais do seu corpo. Contrariamente á maioría doutros dinosauros cuxa boca miraba cara á fronte, a do Nigersaurus estaba orientada cara ao chan. A súa columna vertebral, con escasa materia ósea, constitúe outra particularidade morfológica. "As vértebras son tan finas que é difícil imaxinar como podían resistir ás tensións diarias", destacou Jeffrey Wilson, un membro do equipo de investigación. "Pero sabemos, con todo, que funcionaban perfectamente", engadiu.
Os traballos do equipo de Paul Moreno foron financiados pola National Geographic Society de Washington, a Fundación David e Lucile Packard e a Universidade de Chicago. O Nigersaurus será obxecto dun artigo no número de decembro da revista National Geographic, cunha fotografía na portada dunha reconstrución do animal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario